19 abr 2013

Preparando o día do libro

Que celebraremos o vindeiro martes, 23 de abril.

Adicaremos a xornada ós Apadriñamentos lectores. Xa cada padriño coñece ó seu afillado, e está a preparar con esmero o seu conto. Pero, ademais, como queremos que esta data teña unha relevancia especial estamos a realizar outras actividades.
1º DIME QUÉ LES: Cada alumno do colexio realizou o debuxo da portada do seu libro favorito e un pequeno resumo na parte posterior.



Estes libros colocáronse adornando os corredores do centro.

2º Representación da obra de teatro"AY, CUÁNTO ME QUIERO", que o alumnado do obradoiro do 2º ciclo representará para os seus compañeiros. Está baseada no libro "Ay, cuánto me quiero" de Mauricio Pardes
da editorial Alfaguara.
3º Exposición de "LIBROS FEITOS POLO ALUMNADO" , na que recollemos todos aqueles libros que os alumnos foron elaborando ó longo destes trimestres.




10 abr 2013

Exposición "Seres Vivos"

Despóis de moito traballar durante estes dous trimestres sobre os Seres vivos o alumnado do noso cole rematou este bloque temático coa elaboración de diferentes productos finais para expoñer na biblioteca.
Permanecerán expostos durante un tempo para que tódolos alumnos/as e profesores poidamos aprender cos traballos realizados por eles.
Velaquí van alguhas fotos .


 Así se pode ver a exposición: 
 



Os alumnos/as de 1º e 2º  elaboraron esta fermosa paisaxe con animais e prantas de plastilina.
Tamén fixemos animais e flores con papiroflexia



Os alumnos de 3º e 4º traballaron a fauna e flora autóctona de Galicia. Postrioremente elaboraron o mapa de Galicia  sobre o que colocaron os animais e prantas autòctonas da nosa comunidade.


Ademáis elaboraron un libro de fichas cos animais e prantas  autóctonas da nosa comunidade.


O alumnado do 3º ciclo durante este periodo de curso levou a cabo a "Proxecto Ríos" no que fixeron un estudo pormenorizado da funa e flora do nos o río : "Matalagartos". 
Aquí podedes ver algunha fotos do seu traballo de campo.







2 abr 2013



2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL



Celébrase dende 1967. 

O promotor deste día internacional é o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil), coincidindo coa data de nacemento dese mago dos contos que foi Hans Christian Andersen. (Preme neste enlace para saber máis sobre este autor, para ler algúns dos seus contos e para facer estupendas actividades).

Cada ano, este organismo encarga a unha das Seccións Nacionais que o integran a selección dun escritor e dun ilustrador para elaborar a mensaxe e o cartel dirixido a todos os nenos e nenas do mundo.

Este ano, a sección encargada foi a norteamericana, que elixiu á escritora Pat Mora e ó ilustrador Ashely Brian para esta tarefa.

Aquí tendes este sinxelo e precioso poema de Pat Mora, catorce versos cheos de música e evocadoras imaxes.




Lemos xuntos, ti e eu. 
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios 
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos 
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan 
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas, 
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


                                                                             Poema de Pat Mora 

                                                                                      Tradución: Concha Blanco


Consulta el folleto en pdf aquí

Un precioso xeito de comezar o Terceiro Trimestre. 

Feliz Día do Libro Infantil. 

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...