18 feb 2013

Recitando a Rosalía


RECITANDO A ROSALÍA

O noso cole participa no recitado do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, co gallo do seu 150 aniversario. Esta actividade foi proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Aquí tedes o vídeo da nosa colaboración.



FOI UNHA FERMOSA EXPERIENCIA!

8 feb 2013

Chegou o Día: Pasarrúas

Con moita gana de troula dispoñémonos a ir a  Gondomar. Alí a partir das 11:00 da mañá as rúas do centro enchéronse de espantallos, paxaros, medusas, estrelas de mar, peixes, piratas....
Pasámolo moi ben desfilando entre a gran cantidade de persoas que como todos os anos acoden a vernos.























O rematar o pasarrúas voltamos ao colexio e alí continuamos a festa cunha merendola coas larpeiradas típicas do entroido. 



Para rematar o xuizo e a queima do Meco no patio do Colexio.




6 feb 2013

A punto para o Entroido

A falta de dous días para saír polas rúas de Gondomar, xa todo está preparado.
Os carteis, os avisos, os disfraces, o percorrido, as coplas...



4 feb 2013

Comeza o Entroido

Como todos os anos por estas datas aparece na entrada do colexio un personaxe moi especial, O MECO.
Este ano apareceu disfrazado de "Espantallo" xa que esta é a temática do noso disfraz. 
Durante toda a semana o Meco irá mandando unha serie de ordes que todo o personal do Centro debe cumplir ou pola contra sufrirá as consecuencias.
Aquí podedes ver o noso MECO.


Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...