16 ene 2013

MENSAXES DE AUGA

Aquí vos deixo o vídeo da canción "Mensajes de Agua" de Macaco,tema que se está a traballar nas clases de música para a celebración do día da PAZ o vindeiro 30 de xaneiro.





¡DISFRUTADE DESTA FERMOSA LETRA!

Día Escolar da Paz e a non Violencia-2013

Iníciase o ano cos traballos preparatorios para a conmemoración dunha data significativa no calendario anual, o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebra o 30 de xaneiro, data da morte de Gandhi (fai agora 65 anos). As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas propostas, poñendo a disposición das súas comunidades educativas recursos variados e apoiando as iniciativas do centro para a educación en valores, que vén sendo o motivo de toda esta actividade.

11 ene 2013

NACEMENTO DE GALAXIA TALES






Unha páxina de contos interactivos para leres dende calquera dispositivo.

Están dispoñibles en inglés, galego e castelán, e poden mercarse nesta mesma páxina. E, antes de facelo, podemos disfrutar dun 20% do seu contido na propia web.

As primeiras lecturas son: Unha sorpresa para Goruk, de Javier Landesa, e Así comezaron as aventuras da Rosa dos Ventos e Xan Pericán, de Joel Franz Rosell. Cunhas preciosas ilustracións, respectivamente, de María Longa e Luis Castro Enjamio, e a voz da polifacética Teresa Santamaría.

Premede nos títulos e disfrutade do comezo destas fantásticas historias.

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...