30 dic 2013

Semana homenaxe a nosa compañeira "Josefa Fernández "

Dentro da celebración da 6º semana homenaxe a "JOSEFA FRENÁNDEZ FONTENLA"  programáronse unha serie de actividades de animación a lectura entre as que se atopan:

INTERCONTOS:  Elaboración e interpretación de contos entre as distintas clases. como tódolos anos ten unha grande aceptación e os alumnos/as participan con moita ilusión contando os seus contos ao resto de compañeiros.
aquí vos mostramos unha foto. 




SUSA HERRERA NO COLE!!



Si durante este fin de semana escoitades aos vosos/as fillos/as tararear cancións sobre animais é porque seguro que aínda recordan as cancións que  interpretou no cole Susa Herrera.  A verdade é que contar coa  presencia de profesionais como Susa é un agasallo  e todo un luxo.
Disfrutamos un montón, tanto eles (os nenos e nenas), como nós (os profes), xa que nos tocou cantar e bailar a todos/as as cancións do seu libro "En Cabárceno se oye cantar" 



25 dic 2013

Contacontos

Pepiña Xoaniña quería voar, esta foi a actución que nos afreceu  o grupo de teatro Barafunda. Unha divertida historia na que ademáis puidemos disfrutar de globoflexia xa que algúns dos animais protagonistas da mesma eran realizados en directo con globos.
Gustounos moito e pasámolo moi ben.
Aquí podedes ver algunhas das fotos.



28 oct 2013

Semana do Samaín

Durante esta semana nas tardes de biblioteca imos ler unha pequena selección de libros de misterio e decorar debuxos de bruxas, cabazas, pantasmas....
Ímolo pasar de MEDO!!!!



11 oct 2013

Día das Biblioteca Escolares



O vindeiro 24 de outubro celebraremos o día das Bibliotecas escolares. 
 O cartel ilustrativo elixido para este curso 2013/2014, ten como lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

18 sept 2013

Visita do noso Padriño


O RECUNCHO DO NOSO PADRIÑO

Se xa tiña un oquiño no noso corazón, desde agora Xosé Neira Vilas ten un recuncho no noso colexio, un espazo que recompila toda a súa produción literaria e que comparte coa súa dona Anisia Miranda, madriña da biblioteca do centro.




A súa presenza cólmanos de  ledicia.



Agardamos siga enchendo os andeis deste recuncho cos seus libros e as mentes de todos e todas coas súas palabras.

9 sept 2013

UN XEITO AMENO DE APRENDER ORTOGRAFÍA


A través do blog Vigopeques coñecemos este recurso que pode resultar moi interesante para reforzar o traballo coa ortografía.

Trátase dun cómic no que, a través das conversas dos seus protagonistas (Orto e Despi) os rapaces poderán coñecer e lembrar as principais normas ortográficas da lingua castelá.

Este material foi elaborado por Francisco Javier de la Cruz, e publícase naRevista Digital da Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León.

24 may 2013

Exposición Neira Vilas

Coincidindo co 20 aniversario do apadriñamento do noso cole polo escritor Xosé Neira Vilas, o equipo de biblioteca inaugurou un recuncho no vestíbulo do colexio adicado a exposición permanente das obras do noso padriño "Neira vilas " e a nosa madriña "Anisia Miranda".

Deste xeito toda a comunidade educativa pode coñecer a biografía dos padriños e ver a súa extensa obra literaria.

Animádevos a visitala!

8 may 2013

Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas adícase a figura de Roberto Vidal Bolaño. Aquí vos deixamos algúns enlaces para que coñezades mellor a súa figura así como diversas actividades para poder traballar sobre el.

 Se clicas na imaxe poderás acceder a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Aquí tedes unha  Guía actividades primaria. 


Na bvg (Biblioteca Virtual Galega) tedes información sobre a biografía e obras. Clica aquí.

Na páxina oficial da Real Academia Galega teñen un especial ao que podedes acceder facendo clic na imaxe


O seminario Galán elaborou un paquete de actividades que podedes consultar clicando na seguinte imaxe


3 may 2013

Ay, cuánto me quiero

Aquí podedes ver ós artistas do obradoiro de teatro do 2º ciclo representando a obra: AY,CUANTO ME QUIERO

Apadriñamento lector

Aquí vos mostramos algunhas fotos da actividade que fixemos para celebrar o Día do Libro. Gozamos xuntos da maxia da lectura!!.

19 abr 2013

Preparando o día do libro

Que celebraremos o vindeiro martes, 23 de abril.

Adicaremos a xornada ós Apadriñamentos lectores. Xa cada padriño coñece ó seu afillado, e está a preparar con esmero o seu conto. Pero, ademais, como queremos que esta data teña unha relevancia especial estamos a realizar outras actividades.
1º DIME QUÉ LES: Cada alumno do colexio realizou o debuxo da portada do seu libro favorito e un pequeno resumo na parte posterior.



Estes libros colocáronse adornando os corredores do centro.

2º Representación da obra de teatro"AY, CUÁNTO ME QUIERO", que o alumnado do obradoiro do 2º ciclo representará para os seus compañeiros. Está baseada no libro "Ay, cuánto me quiero" de Mauricio Pardes
da editorial Alfaguara.
3º Exposición de "LIBROS FEITOS POLO ALUMNADO" , na que recollemos todos aqueles libros que os alumnos foron elaborando ó longo destes trimestres.




10 abr 2013

Exposición "Seres Vivos"

Despóis de moito traballar durante estes dous trimestres sobre os Seres vivos o alumnado do noso cole rematou este bloque temático coa elaboración de diferentes productos finais para expoñer na biblioteca.
Permanecerán expostos durante un tempo para que tódolos alumnos/as e profesores poidamos aprender cos traballos realizados por eles.
Velaquí van alguhas fotos .


 Así se pode ver a exposición: 
 



Os alumnos/as de 1º e 2º  elaboraron esta fermosa paisaxe con animais e prantas de plastilina.
Tamén fixemos animais e flores con papiroflexia



Os alumnos de 3º e 4º traballaron a fauna e flora autóctona de Galicia. Postrioremente elaboraron o mapa de Galicia  sobre o que colocaron os animais e prantas autòctonas da nosa comunidade.


Ademáis elaboraron un libro de fichas cos animais e prantas  autóctonas da nosa comunidade.


O alumnado do 3º ciclo durante este periodo de curso levou a cabo a "Proxecto Ríos" no que fixeron un estudo pormenorizado da funa e flora do nos o río : "Matalagartos". 
Aquí podedes ver algunha fotos do seu traballo de campo.







2 abr 2013



2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL



Celébrase dende 1967. 

O promotor deste día internacional é o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil), coincidindo coa data de nacemento dese mago dos contos que foi Hans Christian Andersen. (Preme neste enlace para saber máis sobre este autor, para ler algúns dos seus contos e para facer estupendas actividades).

Cada ano, este organismo encarga a unha das Seccións Nacionais que o integran a selección dun escritor e dun ilustrador para elaborar a mensaxe e o cartel dirixido a todos os nenos e nenas do mundo.

Este ano, a sección encargada foi a norteamericana, que elixiu á escritora Pat Mora e ó ilustrador Ashely Brian para esta tarefa.

Aquí tendes este sinxelo e precioso poema de Pat Mora, catorce versos cheos de música e evocadoras imaxes.




Lemos xuntos, ti e eu. 
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios 
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos 
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan 
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas, 
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


                                                                             Poema de Pat Mora 

                                                                                      Tradución: Concha Blanco


Consulta el folleto en pdf aquí

Un precioso xeito de comezar o Terceiro Trimestre. 

Feliz Día do Libro Infantil. 

21 mar 2013

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

No  día internacional da poesía queremos facer unha homenaxe a todos aqueles poetas que nos emocionaron cosendo e entrelazando palabras.
 Neste día tan especial adicado a   poesía  regalámosvos uns versos da gran Gloria Fuertes que a través da voz de María José fanse máxicos. Versos que acercaron a nenos e nenas durante moitos anos a  poesía  dunha maneira tenra e divertida...

 
  DISFRUTADE DA POESÍA!!!

18 feb 2013

Recitando a Rosalía


RECITANDO A ROSALÍA

O noso cole participa no recitado do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, co gallo do seu 150 aniversario. Esta actividade foi proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Aquí tedes o vídeo da nosa colaboración.



FOI UNHA FERMOSA EXPERIENCIA!

8 feb 2013

Chegou o Día: Pasarrúas

Con moita gana de troula dispoñémonos a ir a  Gondomar. Alí a partir das 11:00 da mañá as rúas do centro enchéronse de espantallos, paxaros, medusas, estrelas de mar, peixes, piratas....
Pasámolo moi ben desfilando entre a gran cantidade de persoas que como todos os anos acoden a vernos.























O rematar o pasarrúas voltamos ao colexio e alí continuamos a festa cunha merendola coas larpeiradas típicas do entroido. 



Para rematar o xuizo e a queima do Meco no patio do Colexio.




6 feb 2013

A punto para o Entroido

A falta de dous días para saír polas rúas de Gondomar, xa todo está preparado.
Os carteis, os avisos, os disfraces, o percorrido, as coplas...



4 feb 2013

Comeza o Entroido

Como todos os anos por estas datas aparece na entrada do colexio un personaxe moi especial, O MECO.
Este ano apareceu disfrazado de "Espantallo" xa que esta é a temática do noso disfraz. 
Durante toda a semana o Meco irá mandando unha serie de ordes que todo o personal do Centro debe cumplir ou pola contra sufrirá as consecuencias.
Aquí podedes ver o noso MECO.


16 ene 2013

MENSAXES DE AUGA

Aquí vos deixo o vídeo da canción "Mensajes de Agua" de Macaco,tema que se está a traballar nas clases de música para a celebración do día da PAZ o vindeiro 30 de xaneiro.





¡DISFRUTADE DESTA FERMOSA LETRA!

Día Escolar da Paz e a non Violencia-2013

Iníciase o ano cos traballos preparatorios para a conmemoración dunha data significativa no calendario anual, o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebra o 30 de xaneiro, data da morte de Gandhi (fai agora 65 anos). As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas propostas, poñendo a disposición das súas comunidades educativas recursos variados e apoiando as iniciativas do centro para a educación en valores, que vén sendo o motivo de toda esta actividade.

11 ene 2013

NACEMENTO DE GALAXIA TALES






Unha páxina de contos interactivos para leres dende calquera dispositivo.

Están dispoñibles en inglés, galego e castelán, e poden mercarse nesta mesma páxina. E, antes de facelo, podemos disfrutar dun 20% do seu contido na propia web.

As primeiras lecturas son: Unha sorpresa para Goruk, de Javier Landesa, e Así comezaron as aventuras da Rosa dos Ventos e Xan Pericán, de Joel Franz Rosell. Cunhas preciosas ilustracións, respectivamente, de María Longa e Luis Castro Enjamio, e a voz da polifacética Teresa Santamaría.

Premede nos títulos e disfrutade do comezo destas fantásticas historias.

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...