30 oct 2012

OS NOSOS PADRIÑOS

Xosé Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces, Pontevedra), o 3 de novembro de 1928. Fillo de campesiños pasou a súa nenez e adolescencia na súa aldea natal, compaxinando a escola cos labores agrícolas. Aos catorce anos estudaba comercio por correspondencia e con 16 traballaba á vez nas oficinas dun serradoiro local, mentres, moi afeccionado á lectura, lía canto caía nas súas mans. Creou un grupo de teatro que representou obras en galego. En 1949 emigrou a Buenos Aires, onde desempeñou traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Tomou conciencia da identidade de Galicia en contacto cos intelectuais do exilio: Seoane, Suárez Picallo, Lorenzo Varela, etc. Foi Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e participou na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, nacida en Cuba. Xuntos fundaron a organización libreiro-editorial Follas Novas para difundir o libro galego en América. En 1961 Neira e Anisia foron residir a Cuba. Traballou na Administración e fixo xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega en América. Volveu a Galicia, á súa aldea natal de Gres onde preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas. En 1961 Neira e Anisia foron residir a Cuba. Traballou na Administración e fixo xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega en América. Volveu a Galicia, á súa aldea natal de Gres onde preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas. (accede a esta páxina pinchando neste enlace). Durante toda a súa vida escribiu unicamente en galego. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa), Premio da Crítica Galega (ensaio) e Premio da Federación de Libreiros de Galicia. Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Ten colaborado noutros medios como os xornais A Nosa Terra (fundado en 1978, Santiago), Diario de Galicia (Vigo, 1988) e a revista Follas Secas de Ourense. Desde a súa volta desde Cuba a terras galegas, colaborou en diversos medios de comunicación. Froito dese impulso foron as series "Memoria da emigración" e "Crónicas galegas de América", aparecidas inicialmente no Faro de Vigo (1992-1995, os domingos) e despois en O Correo Galego (1995-1999) e logo recollidas en varios volumes por Edicións do Castro. Actualmente ten unha sección fixa en El Correo Gallego ("Arredor do mundo", columna dominical) e publica puntualmente artigos culturais e de tema literario en Galicia Hoxe. En definitiva, estamos ante unha das figuras máis importantes das letras galegas actuais.

24 oct 2012

"DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR"

  "DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR"


   


Como ven sendo habitual o 24 de outubro  celebramos o día das bibliotecas escolares.Este ano co lema 
"A BIBLIOTECA ESCOLAR,ACELERADOR DE INNOVACIÓN".









No cartaz que se amosa faise referencia a diversos intrumentos que nos permiten acceder ao mundo do saber e nos axudan a construír coñecemento. Confírmase neste contexto, a Biblioteca escolar como un espazo privilixiado para integrar estes medios en prácticas pedagóxicas activas e acordes ás necesidades do alumnado que se forma nas nosa aulas.
Para a conmemoración desta data dende o Equipo de Biblioteca elaboraranse unha serie de actividades de Formación de Usuarios, adaptadas a cada ciclo que se realizarán ao longo da vindeira semana.
Estas actividades teñen como obxectivo:
  1. Dominar o espazo da Biblioteca e as súas seccións.
  2. Coñecer e comprender o sistema de ordenación de documentos segundo a CDU (Sistema de Clasificación Decimal Universal).

¡FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...