20 dic 2012

A Estrela de Oriente

Hoxe  , 20 de decembro, tivemos a sorte de contar no colexio coa presenza do escritor e xornalista Pemón Bouzas. 
A súa visita tiña como  obxectivo a presentación do seu novo  libro " A Estrela de Oriente" ao alumnado do 3º Ciclo, unha historia dos Reis Magos coa que todos, e máis nestas datas, revivimos o entusiasmo e a ilusión desta tradición.
Aquí podedes ver a portada do seu novo libro por se queredes facerlle un encargo ás súas maxestades OS MAGOS DE ORIENTE.



Intercontos

O venres 14 de decembro celebramos no cole sesións de intercontos na Biblioteca. É unha actividade que se ven celebrando con moita aceptación tódolos anos  e, este ano non foi menos. Aos alumnos gústalles moito ser protagonistas das historias que eles mesmos lles contan aos seus compañeiros de ciclo.
Esta actividade organizouse durante a mañá do venres na Biblioteca, de xeito que, ao longo de tres sesións foi pasando todo o alumnado distribuído nos tres ciclos.

Podedes ver algunhas fotos desta actividade.

 



















19 dic 2012

Recomendacións de lecturas


Chega o Nadal.

Un tempo propicio para a lectura e os agasallos.
Para orientarvos na elección de lecturas, o  Equipo de Biblioteca , en colaboración con outros Equipos de Bibliotecas dos colexios do Val Miñor, seleccionamos algunhas das moitas que nos ofertan as editoriais e elaboramos unhas tarxetas coas portadas dos libros seleccionados. No noso cole entregaremos dous modelos de tarxetas, unha con recomendacións axeitadas ao 1º ciclo e outro, coas recomendacións para o 2º e 3º ciclo. Na parte posterior das tarxetas aparecen os títulos axeitados a cada idade, a editorial e autor de cada libro. Ademáis podedes ver o nome dos colexios que participaron na realización das mesmas.

Esperamos que o que temos escollido resulte do voso agrado. 

Felices Lecturas polo Nadal!

Un bosque de poesía

Seguindo a traballar coas árbores, plantas e animais, propúxose buscar poesías que tivesen como eixo central esta temática.
Unha vez seleccionadas estas poesías escribíronse nun folio (a man ou no ordenador) e recortouse formando a silueta da folla dunha árbore  colgándose finalmente nas árbores que estaban expostas ao longo do corredor do 1º andar.Así formamos o noso BOSQUE DE POESÍAS.
Ademáis de seleccionar e copiar poesías orixinais tamén se elaboraron de xeito individual e colectivo poesías empregando os adxectivos cualificativos traballados na actividade anterior ( mural de adxectivos cualificativos).

Aquí podedes ver imaxes do noso bosque de poesía.




Mural adxectivos cualificativos

O Equipo de EDL en colaboración coa Biblioteca propuxo facer un mural que se colocou no 1º andar ao lado da sala de profesores co seguinte lema:

AS PLANTAS MEDRAN,
OS ANIMAIS CAMBIAN...
A LINGUA PERMANECE!

Dado que nestes meses de outubro, novembro, decembro e tamén xaneiro estaremos a traballar temas comúns relacionados coas plantas e animais, propuxemos buscar adxectivos cualificativos para plantas e animais.
Nunha primeira semana (a data estableceuna o EDL) os alunos/as do 1º ciclo buscaron 21 adxectivos (7 por clase e 3 máis suplentes por si se repiten noutra clase).
Na semana seguinte os do 2º ciclo terían que aportar outros 20 máis despois de lidas as propostas do 1º ciclo.
Finalmente o 3º ciclo fará o mesmo tras ver os adxectivos aportados polo 1º e 2º ciclo.
Estes adxectivos iranse escribindo en tarxetas de cartolina de distinta cor para cada ciclo e logo pegaranse con velcro nunhas siluetas de árbore-planta e animal, preparadas para tal fin no mural do corredor do 1º andar.

Posterioremente nas clases faranse traballos con este vocabulario: dende frases ata rimas para posteriormente facer poesías (individuais ou colectivas).


Así nos está quedando o noso mural. ¡Gústavos!


18 dic 2012

Xogos educativos


PARA PRIMARIA

  

   Tangram
   Xogos espaciais empregando as figuras do Tangram.






Xogo da Oca con propostas para a reflexiónsobre a Igualdade do home e a muller.







Actividades de comprensión lectora e xogos interactivos.







Actividades de comprensión lectora e xogos interactivos.






O tradicional xogo do aforcado, en galego.






Para romper a cabeza facendo puzzles.





Actividades para o manexo do rato.



Un trivial interactivo para aprender moitas cousas sobre a cultura galega e xogar sós ou en compaña. 









Testeando
Un trivial interactivo con preguntas sobre diversas materias ordeadas segundo o seu grado de dificultado por niveis educativos.

17 dic 2012

Obradoiro de poesía

O Xoves 13 de decembro, dentro da celebración da Semana Homenaxe a nosa compañeira Josefa Fernández Fontenla, tivemos no colexio un obradoiro de poesía para todo o alumnado a cargo da poetisa "Marta Dacosta".
A actividade desenrolouse ao longo de toda a mañá en tres sesións nas que se dividiu o alumnado nos tres ciclos(1º;2º e 3º).
Resultou unha actividade moi interesante xa  que no cole se estivo traballando coa poesía e con este obradoiro puideron comprobar que a poesía é algo próximo, que está presente nas nosas vidas.
Ademáis participaron na elaboración dos seus propios pemas. Cada ciclo coa axuda de Marta, propuxo palabras sobre a temática que se estaba tratando e posterioremente elaboraron o seu poema.
Os traballos resultantes deste obradoiro pódense ver pinchando no seguinte enlace cepneiravilas.blogaliza.org

Aquí podemos ver os alunmos/as durante o obradoiro.


14 dic 2012

Teatro escolar

O mércores 12 de decembro puidemos gozar no colexio dunha sesión de teatro escolar.
Tivo lugar despois do recreo e os artistas que nos fixeron disfrutar foron os alumnos de 2º A ,  4ºA e 4º B.

O programa foi o seguinte:



10 dic 2012

Semana Homenaxe a Josefa Fernández Fontenla

Como ven sendo habitual estes derradeiros anos, no mes de decembro celebramos a Semana Homenaxe a Josefa fenández Fontenla polo seu pasamento.
Este ano as actividades realizaranse ao longo dos días 12, 13 e 14 de decembro coa seguinte programación.

28 nov 2012

NOVA SINALIZACIÓN NA BIBLIOTECA
Nestes primeiros días de curso estamos a cambiar a sinalización da Bilioteca,aproveitando que estamos a reorganizar os fondos e facendo tamén unha expurga daqueles que non son axeitados para o noso alumnado.
En primeiro lugar, estamos a situar en lugares visibles uns posters plastificados que elaboramos para orientar ós usuarios sobre a Clasificación Decimal Universal (CDU). Este é un sistema no que se organizan os documentos dunha biblioteca atendendo a 10 grupos de materias (dende o número 0 ata o número 9) e a cada materia se lle adxudica unha cor distintiva.
Seguidamente mostramos un destes posters indicativos.


Na Biblioteca os andeis estarán rotulados coa cor correspondente a cada unha destas materias.
Por outra banda, situamos nos cantos dos andeis os novos indicadores temáticos. Coidamos que deste xeito será máis doado mergullar entre os nosos libros, que son moitos.
Así son algúns dos indicadores temáticos.















Así quedaron os andeis da biblioteca coa nova sinalización:













30 oct 2012

OS NOSOS PADRIÑOS

Xosé Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces, Pontevedra), o 3 de novembro de 1928. Fillo de campesiños pasou a súa nenez e adolescencia na súa aldea natal, compaxinando a escola cos labores agrícolas. Aos catorce anos estudaba comercio por correspondencia e con 16 traballaba á vez nas oficinas dun serradoiro local, mentres, moi afeccionado á lectura, lía canto caía nas súas mans. Creou un grupo de teatro que representou obras en galego. En 1949 emigrou a Buenos Aires, onde desempeñou traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Tomou conciencia da identidade de Galicia en contacto cos intelectuais do exilio: Seoane, Suárez Picallo, Lorenzo Varela, etc. Foi Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e participou na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, nacida en Cuba. Xuntos fundaron a organización libreiro-editorial Follas Novas para difundir o libro galego en América. En 1961 Neira e Anisia foron residir a Cuba. Traballou na Administración e fixo xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega en América. Volveu a Galicia, á súa aldea natal de Gres onde preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas. En 1961 Neira e Anisia foron residir a Cuba. Traballou na Administración e fixo xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega en América. Volveu a Galicia, á súa aldea natal de Gres onde preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas. (accede a esta páxina pinchando neste enlace). Durante toda a súa vida escribiu unicamente en galego. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa), Premio da Crítica Galega (ensaio) e Premio da Federación de Libreiros de Galicia. Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Ten colaborado noutros medios como os xornais A Nosa Terra (fundado en 1978, Santiago), Diario de Galicia (Vigo, 1988) e a revista Follas Secas de Ourense. Desde a súa volta desde Cuba a terras galegas, colaborou en diversos medios de comunicación. Froito dese impulso foron as series "Memoria da emigración" e "Crónicas galegas de América", aparecidas inicialmente no Faro de Vigo (1992-1995, os domingos) e despois en O Correo Galego (1995-1999) e logo recollidas en varios volumes por Edicións do Castro. Actualmente ten unha sección fixa en El Correo Gallego ("Arredor do mundo", columna dominical) e publica puntualmente artigos culturais e de tema literario en Galicia Hoxe. En definitiva, estamos ante unha das figuras máis importantes das letras galegas actuais.

24 oct 2012

"DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR"

  "DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR"


   


Como ven sendo habitual o 24 de outubro  celebramos o día das bibliotecas escolares.Este ano co lema 
"A BIBLIOTECA ESCOLAR,ACELERADOR DE INNOVACIÓN".









No cartaz que se amosa faise referencia a diversos intrumentos que nos permiten acceder ao mundo do saber e nos axudan a construír coñecemento. Confírmase neste contexto, a Biblioteca escolar como un espazo privilixiado para integrar estes medios en prácticas pedagóxicas activas e acordes ás necesidades do alumnado que se forma nas nosa aulas.
Para a conmemoración desta data dende o Equipo de Biblioteca elaboraranse unha serie de actividades de Formación de Usuarios, adaptadas a cada ciclo que se realizarán ao longo da vindeira semana.
Estas actividades teñen como obxectivo:
  1. Dominar o espazo da Biblioteca e as súas seccións.
  2. Coñecer e comprender o sistema de ordenación de documentos segundo a CDU (Sistema de Clasificación Decimal Universal).

¡FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!

Enquisa de valoración do funcionamento da biblioteca do cole.

   Benqueridiñas e benqueridiños alumnas e alumnos!!!  Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do cole, para iso, poded...